Feito A Man

Imos á moda, todo feito a man
Vés regateando, onde ques chegar?
Imos á moda todo feito a man
A tea seca ao sol, vas ter que aghardar

Imos á moda, todo feito a man
Vés regateando, onde ques chegar?
Imos á moda todo feito a man
A tea seca ao sol, vas ter que aghardar

Xusto o punto de cocción, nunca está pasado
Pra que saiba ben hai que saber condimentalo
Dá igual a hora que/ mesa posta e todo claro,
Claro,

Arderse

Onde van os soños cando acende o sol
Onde os meus olliños e esta vida miña
Cando no meu peito toque o apagón
Eu porei a calma, vós as estampidas

Que pasa co eco desta voz
perde o ritmo que xa baila co pasado
Non quero de volta o tempo que marchou
Nun pulso co pulso quen tería gañado?

Féchame a porta ao marchar
Que se me escapan as horas de máis
Féchame a porta ao marchar
Que se me escapan as horas de máis
Féchame a porta ao marchar
Féchame
Féchasme a porta ou que?

Nos vosos reloxos non me podo ver
A pel meteorito e o corpo iceberg
Eu quérome ver nun tempo varado
No que ollas ao ceo, xa temos pasado

E xira que xira, a verdade é mentira
Só sei que é de noite, que mañán é de día
Que medra o cabelo, que sandan feridas
Que ao tempo que pasa chamádelo vida
E xira que xira, a verdade é mentira
Só sei que as estrelas aínda mortas brilan
Que a terra que treme xa queda durmida
Que o tempo me arde e quéimame a vida

E xira que xira

Nos vosos reloxos non me podo ver
A pel meteorito e o corpo iceberg
Eu quérome ver nun tempo varado
No que ollas ao ceo/

Árdeme o eixo, árdeme o carro
Arde o que fun, o que son e o pasado

Nos vosos reloxos non me podo ver
A pel meteorito e o corpo iceberg
Eu quérome ver nun tempo varado
No que ollas ao ceo/

Déixame o tempo arderse

Quebrantarse

Cóntame o teu segredo
Cóntamo que eu xa mo sei
Por se nunca máis regreso
Por se non me volvo a ver

Gárdame estes olliños
Que as mans hei de perder
E esta voz de sangre e pedra
que a min xa non me pertence

E sostén este corpo de terra
Ate o branco xemido da alba
E sostenme o corpo na terra
ate o alba, ate o alba

Anoite soñaba
O silencio nú
Arrólame o corpo
Que xa vive mudo
A ferida aberta
Aínda me pregunto
Se hai oco na terra
Pra tanto defunto

E sostén este corpo de terra
Ate o branco xemido da alba
E sostenme o corpo na terra
ate o alba, ate o alba

Cóntame o teu segredo
Cóntamo que eu xa mo sei
Cóntame o teu segredo
Cóntamo que eu xa mo sei

E sostén este corpo de terra ate o branco xemido da alba

Hibernarse

Xa mo dicía mamá, ti chega tarde que é mellor que non chegar

Como elixir entre a savia e o veleno
Se aínda non coñecemos
A forma de tódalas voces que teremos
Como apurar os cantos se aínda non os temos
Se de dous pasos medio retrocedemos
Se de dous pasos medio re-tro-ce-de-mos

Ti dime que non vaia, que non vaia, que xa vou
Xa teño pensado o billete dourado, agarda, aínda non chegou

Se me ques agárdame
Se me ques hei de volver
Se me ques has de saber que
Somos distintas das que comenzamos
Todo o que fixemos, ao que renunciamos

Como elixir entre a savia e o veleno
Se aínda non coñecemos
A forma de tódalas voces que teremos

Présa como fórmula do capital
Rápido e mal feito dúas veces mal
Queremos mudar a voz e a pelaxe
Achar as medidas para un novo traxe
Baixo a saia o froito co que sementar
Só queda hibernarse
e achar as medidas para un novo traxe
Para un novo traxe
Achar as medidas para un novo traxe

Xa mo dicía mamá, ti chega tarde que é mellor que non chegar

Ti dime que non vaia, que non vaia, que xa vou
Xa teño pensado o billete dourado, agarda, aínda non chegou

Quero verme feita a man, seremos sempre o lugar

Ti dime que non vaia, que non vaia, que xa vou
Xa teño pensado o billete dourado, agarda, aínda non chegou
Ti dime que non vaia, que non vaia que xa vou
que xa vou
que xa vou