fillas de cass andra

fillas de cassandra


Fillas de Cassandra somos só dúas, pero escribimos da man de todas as que foron feitas de olvido, para sermos alguén, todas xuntas.

A música que facemos eríxese coma a perfecta confluencia das nosas inquedanzas, soños, rabias, loitas e medos: unha aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas no canto de tradición oral pero tamén influenciadas polo pop, a electrónica e a música clásica, viaxando dende o contrapunto do barroco até os subs do techno máis escuro.

O espectáculo que propomos co noso primeiro LP, ACRÓPOLE, bebe tamén do teatro, convidando ao público a ser parte dun percorrido ao longo da historia, da man dos nomes das heroínas que rescatamos da mitoloxía clásica e cos que pretendemos estabelecer un diálogo, recoñecendo as nosas vivencias presentes como mulleres nas das nosas devanceiras.

O piano, as diferentes percusións e as armonías vocais son apoiadas por bases electrónicas que, a pesar da súa potente sonoridade, capaz de instalar atmosferas de por si soas, non eclipsan a mensaxe.

Fillas de Cassandra somos só dúas, Sara Faro e MaríaSOA, o resultado dun encontro causal na cidade de Vigo.

Discografía Mitos
novo disco

acrópole

TOUR DATES

04

marzo

Sala Capitol
  • Santiago de Compostela

25

marzo

FESTIVAL EMIGRASON
  • Salle Embassy (Bruxelas)
SOLD OUT

30

marzo

LUBICÁN
  • Praza de Santa María, Lugo
ENTRADA LIBRE

01

setembro

OSA DO MAR
  • Burela, Lugo

07-10

setembro

REVENIDAS
  • Vilaxoán de Arousa
    ...e moitos máis por anunciar